En 1994, a empresa pública Enagás encargou un estudio a unha firma de prestixio internacional (MW Kellog), para ubicar na Ría de Ferrol a Planta de Gas do Noroeste, elixíndose Caneliñas, fora da Ria, co consenso das administracións públicas. Ese estudio descartou o interior da Ría por graves riscos para a poboación. Despois de ser privatizada Enagás, en 1999 renunciou a Planta de Gas en Caneliñas.
Logo, nos excesos de recheo feitos en Punta Promontoiro, no ano 2001
apareceu Reganosa con un proxecto de Planta de GNL dentro da Ría,
"escapando" das Directivas Europeas de accidentes graves e de impacto ambiental_que
lle son imposibles de cumplir, disculpándose
Reganosa dicindo que presentou a solicitude en marzo do 1999. Pero
a Dirección Xeral de Política Enerxética do Ministerio
de Economía, a quen ten que propoñe-la autorizacion, legalmente
iniciou o procedimento cos anuncios do BOE e BOP de maio 2001, cando xa
eran obligatorias as leís que pretenden burlar de xeito irresponsable.
Ademais da licencia municipal, esas Directivas Europeas son obligatorias tamen na concesion marítimo terrestre solicitada en xuño do 2001 para a Planta de Gas dentro da Ría; presentamos alegacións contundentes para que se cumplímente alegalidade actual vixente, con independencia da que correspondese aplicar na autorización do Ministerio de Economía.
O Comité Cidadán de Emerxencía naceu co fin de acadar que a Planta de Gas se ubique en Caneliñas, para evitar os riscos de catástrofe dentro da Ría. En Xullo de 2001, con D. José Gabeiras como Presidente de honra, esta constituido por:
AAVV Zonas Urbana e Rural de Ferrol, Perlío, Fene, Mehá, Franza, Ateneo Ferrolán, Fuco Buxán, Eurosaúde, Bezoucos, Profesores Uníversitarios, Cofradías de Pescadores e Maríscadores de Ferrol e Barallobre.
Resumen dos riscos:
INSTALACIONS DA PLANTA DE GNL
O risco peor da Planta e a rotura de un dos catro tanques almacén,
por impacto de calquera obxeto, acción terrorista, fallo human ou
técnico; logo reventarían tamen os outros tres tanques de
150.000 metros cubicos.
Esa fuga masiva de gas provocaría unha nube quE chegaría
hasta 2.5 km., zona donde asfixiaría todo ser vivo; si prende lume
provocaría queimaduras severas as persoas.
En un radio de 500 metros somentes quedarían cinzas e ferros
retorcidos.
GRANDES METANEROS CARGADOS
O maior risco de catástrofe pódese producir pola, entrada
na Ria cada ano de mais de 70 buques gaseiros cargados con 125.000 metros
cúbicos de GNL, 1 cada 5 dias, que terían que entrar con
pleamar diurna, con mais de 2.000 metros: cuadrados "de vela". En caso
de accidente dentro da Ría, os gaseiros cargados estarían
nunha, trampa mortal da que no poderían sair hasta seguinte pleamar.
Tamén pode producirse a rotura dos tanques do buque gaseiro, co agravante que podería encallar en calquera lugar da ría, donde sería o centro da zona de axfixia e queimaduras.
RAZONS PARA A CONSULTA
Esta Planta, con 4 tanques de 150.000 m3 de Gas Natural Licuado, está clasificada pola Directiva Europea Seveso ll, (R.D. 1254/99), como susceptible de provocar accidentes maiores, que dentro da Ría de Ferrol poderían orixinar miles de víctimas.
Esa Directiva exise que se informe e consulte a poboación. Según o artigo 12, antes de decidir a ubicación, deben estudiarse os riscos e distancias mínimas os núcleos de poboación, patrimonios urbanísticos, naturais e culturais. As distancias serán as que fagan falta para evitar que lles afecten os riscos de accidentes.
As Asociacions do Comité Cidadán, desde maio de 2001 enviaron as autoridades do estado e Comisión Europea, documentacións con informes e denuncias alertándolles dos riscos para uns 100.000 habitantes da Ría de Ferrol coa conculcación dos seus dereitos.
E falsa a urxencia porque a Planta de Gas do Noroeste está na planificación oficial hasta o ano 2011, e da tempo a ubicala en Caneliñas.
Certos medios de comunicación locais ocultan riscos, publican falseades enganosas, anuncian o comezo das obras sin autorización administrativa, concesión marítimo terrestre, nin licencia municipal, anuncian expropiacions para Gasoductos sin proxecto autorizado, etc.
O Comité Cidadán de Emerxencia, para reivindicar se informe
e consulte con garantías os organismos da Ría e cidadáns
afectados, chama o 5 de xuño a expresar sua opinión sobre
as seguintes opcións:
|
1. Elexida por unha empresa de prestíxio ínternacional
esperta en estudios de riscos.
Planta de Gas, DENTRO da RIA 1. Non consta que Reganosa cumplimentase a Directiva Seveso II, arts
6, 9 y 12. Non se /le informou e consultou a poboacíón.
|
